AÑO VI

ESTE BLOG NO SE ACTUALIZA · Estamos en lahuelladigital.es

viernes, 15 de abril de 2011

La Xunta califica de «extraordinario»
el impacto del encuentro #NeThinking

Copio y pego de la web de la Xunta:

«A Consellería de Cultura e Turismo presentou hoxe ao Consello da Xunta o informe sobre o éxito e a repercusión mediática do evento #NeThinking, ¿Cómo Comunicamos?, celebrado na Illa de San Simón o 30 e 31 de marzo. #NeThinking reuniu un grupo de destacados comunicadores e expertos en redes sociais, que son referentes no panorama nacional pola notoriedade das súas bitácoras persoais, pola súa actividade en redes como Twitter ou Facebook e pola súa experiencia en contidos multimedia. Desde a Fundación Illa de San Simón entendeuse #NeThinking como o evento idóneo para iniciar a actividade de 2011 e que puidera promocionar este enclave natural e cultural a nivel nacional. O impacto nas redes sociais e o notable posicionamento nos medios convencionais deste encontro foi extraordinario, por encima das previsións. Nas dúas primeiras horas, o seguimento deste evento alcanzaba o trending topic (tema do momento) de Twitter en toda España, cun millón e medio de impactos, o que supuña colocarse no terceiro lugar dos tópicos máis seguidos ese día. Nesta primeira xornada, as sesións foron seguidas, a través do servizo de streaming da web da Fundación, por preto de 25.000 persoas, e o seguimento total chegou a 33 países diferentes. Durante o segundo día, #NeThinking volveu ser trending topic, para o que houbo de superar o impacto do día anterior, segundo os requisitos de Twitter. Asemade, todos os medios impresos de Galicia e moitos rotativos nacionais, se fixeron eco do evento. A repercusión infomativa foi extraordinaria, polo que se cubriu sobradamente o obxectivo inicial.

Entre os participantes neste foro, coordinado polo xornalista e experto en redes sociais Nacho de la Fuente, figuran comunicadores como Eva Hache; o cineastas Nacho Vigalondo; o músico Julián Hernández; recoñecidos blogueiros como José Jiménez Moltó (Kurioso) e Javier Pedreira (Wicho); editores de medios dixitais e expertos en redes sociais como Javier Celaya, Ismael O-Qudsi, Juanjo Amorín, Marilin Gonzalo, Eduardo Arcos ou Carmela Ríos; consultores como Mario Tascón e Antonio Delgado; especialistas en correo electrónico mercadotecnia como Jorge Martínez Linares, e destacados xornalistas e expertos en comunicación de diferentes universidades galegas como Francisco Campos, Manuel Gago ou Valentín Alejandro Martínez.

Este grupo de participantes destaca non só pola súa formación e experiencia en comunicación mediante novos soportes, senón tamén pola diversidade das súas frontes de actuación e pola súa intensa actividade en redes sociais, o que converteu algún deles nun referente a nivel nacional. Non en balde, no caso de Twitter, o conxunto dos participantes en #NeThinking suma arredor de 500.000 seguidores, o cal dá unha idea do destacado papel que teñen nesta contorna que revolucionou os usos e costumes da comunicación.

Máis de 160 días de actividade
O 29 de maio de 2010 presentábase o proxecto Illa do Pensamento, co obxecto de constituír en San Simón un lugar de referencia nacional e internacional no ámbito da reflexión, a estratexia, a arte, a formación e, en xeral, no ámbito da cultura. Ao longo deste primeiro ano ponse a marcha o proxecto, que engloba un total de 44 actividades nas cales interveñen persoas de ata 22 países diferentes de Europa e América. Ao tempo, profúndase na constitución dunha rede de organismos e institucións colaboradores que se dará en chamar o Arquipélago do Pensamento,
cunha quincena de convenios con institucións universitarias e do ámbito da
comunicación de España, Arxentina, México e Estados Unidos.

Para o ano 2011, deséñase unha programación de maior impacto, sustentada nunha ampliación da rede de convenios da Fundación e que leve a illa de San Simón a alcanzar dous obxectivos: o seu uso continuado ao longo do ano; e a vinculación das actividades co enorme valor patrimonial e a extraordinaria beleza do espazo. A Illa do Pensamento contará ao longo deste ano con máis de 160 días de actividade, albergará foros de debate, concertos, ciclos culturais, reunións, seminarios, etc.; dará continuidade a accións emprendidas no ano 2010 e desempeñaranse outras novas»...

[+] Referencia do Consello da Xunta do 14 de abril de 2011 (PDF)

0 comentarios :