AÑO VI

martes, 23 de febrero de 2010

Ser ti

Escribe Xosé Carlos Caneiro:
«En contra do poder da manada, grupo ou contubernio, intenta ser ti. Quizá te equivoques moitas veces, pero en cada equívoco encontrarás un modo de aprender a lección. Resucita cada vez que disparen no centro do teu corazón. Non cambies de criterio, se non te convencen; se te convencen, non dubides en facelo. Emprega sempre a forza da palabra, non a infamia do insulto e da imprecación. Argumenta cada unha das túas reflexións. Non te derrotes cando penses que o mundo vai na túa contra. Levántate cando caias (e caerás mil veces). Limpa as feridas con auga, non con vinagre de rancor. Mira aos ollos. Non te agaches cando digas o que queres dicir. Que non te asusten, que non te calen. Defende sobre todas as cousas o dereito que teñen os outros a opinar, contrariar, criticarte: porque iso, e non outra cousa, é a tolerancia. Escoita incluso aos que previamente consideras errados. Escapa do odio. Non contestes ás infamias; afirman os socráticos que o mestre dicía: "Se un asno che dá un couce, non llo devolvas". Procura a poesía debaixo das pedras e paredes, dos bicos que non queren bicarte»... [+] La Voz de Galicia

0 comentarios :